A Xunta quere converter o Pazo de Meirás nun museo

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presentou as Bases para o plan de usos das Torres de Meirás, un documento que sirva de punto de partida para comezar un proceso participativo que cristalice nunha xestión plural, sólida e cunha visión a longo prazo tras a recuperación deste ben para o patrimonio público.

Intervención do conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez.

O plan de usos impulsado pola Xunta propón converter o seu interior nun museo con visitas guiadas e percorridos didácticos. Un espazo vivo e aberto á sociedade que recupere a orixe do pazo vencellado a Emilia Pardo Bazán. Todo sen deixar de lado a promoción da igualdade e a defensa dos valores democráticos, aos que se dedicarían os xardíns da liberdade.

Son as propostas que agora se trasladarán ao grupo de traballo constituído entre as administracións para definir o futuro. A Xunta entende que o Estado sexa o depositario de Meirás ata que haxa un pronunciamento definitivo da xustiza, pero defende que a xestión deste espazo de referencia histórica volva a mans dos galegos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha