A Xunta ratifica o seu compromiso co pulo á nautica recreativa na costa da morte

O presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, respondeu este martes a unha pregunta parlamentaria na Comisión 8ª de Pesca e Marisqueo en relación á actividade náutico recreativa na comarca de Costa da Morte e a posibilidade de instalación dun pantalán no interior da ría de Corme e Laxe para regularizar a situación das embarcacións que fondean na zona.

A este respecto, o presidente de Portos ratificou o compromiso da Administración autonómica co impulso á actividade náutico recreativa que calificou de “motor de xeración de riqueza” e en cuxa promoción a Xunta de Galicia seguirá traballando como ven facendo. Así, lembrou o volume de negocio xerado polos tránsitos que cada ano reciben os portos deportivos da zona, a saber Muxía e Camariñas.

En relación á posible instalación dun pantalán para embarcacións recreativas no interior da ría de Corme e Laxe, o presidente de Portos de Galicia lembrou que as competencias do ente público neste ámbito xeográfico limítanse aos portos de Corme e Laxe, mentres que a lámina de auga na que fondean actualmente barcos de recreo é competencia de Costas do Estado, polo que debe ser esta a administración á que debe dirixirse dita solicitude.

Neste sentido, lembrou que xa existe un proxecto para esta instalación encargado polo Concello de Cabana de Bergantiños e presentado a Costas do Estado, como administración competente a día de hoxe.

Related posts

Unha muller tivo que ser evacuada en ambulancia tras tropezar nun buraco e caer na rúa Gran Vía de Carballo

Rebenta unha antiga balsa no Monte Neme e arrasa a estrada que une Leiloio con Razo

O alcalde de Laxe analiza coa Xunta a posta en valor dos recursos turísticos da vila