0
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Anllóns, ao seu paso pola parroquia de Corcoesto, no concello de Cabana de Bergantiños.
O treito interurbano no que se están levando a cabo estas tarefas suma unha lonxitude de 720 metros. As intervencións céntranse na retirada de vexetación á altura da ponte de Cardezo, así como na retirada de árbores e pólas caídas na canle para evitar atoamentos.
Unha vez finalizadas estas actuacións, os ríos quedarán despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.