A Xunta realizará novas intervencións arqueolóxicas na antiga Vila romana de Brandomil, en Zas

Así o anunciou este venres o director xeral de Patrimonio Cultural, Ángel Miramontes, na visita que realizou a este xacemento onde salientou que, deste xeito, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude “xa leva investido neste ben máis de 35.000 euros nos últimos dous anos” e nesta ocasión investirá 18.000 euros máis.

Tamén explicou que as intervencións que se porán en marcha neste xacemento, que forma parte do Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia, están destinadas “a seguir coas investigacións do enclave e revalorizalo co obxecto de continuar ampliando os traballos realizados no 2024, por valor de máis de 17.800 euros”.

En concreto, avanzou que este ano se levarán a cabo sondaxes arqueolóxicas valorativas naqueles lugares onde existen indicios con alta potencialidade arqueolóxicas, poñendo o foco na paraxe de Agro de Pedra do Altar. De igual xeito, apuntou que se farán tarefas de consolidación e de difusión para “a posta en valor e maior coñecemento deste importante asentamento romano”.

Related posts

A Aula CeMIT de Carballo será sede das probas para obter o certificado de competencias dixitais de nivel intermedio

“Truco ou trato?” | Campaña de Samaín do CCA Carballo para dinamizar e dar visibilidade ao comercio local

Malpica énchese de onda e paixón co ‘Malpica Surf Fest 2025’