Así o comunicou o vicepresidente primeiro e conselleiro da Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, en declaracións aos medios tras participar na presentación da Rapa das Bestas en Sabucedo. Deste xeito, a Xunta de Galicia presentou un recurso contra a decisión do TSXG de invalidar o certificado covid, «unha petición dos propios hostaleiros», para acceder ao interior dos locais de hostalería, un pronunciamento que o Tribunal mantivo a pesar de presentar o Goberno autonómico, a posteriori, o aval xudicial necesario para a súa posta en marcha.
O vicepresidente aseverou que o Executivo autonómico «segue negociando» cos hostaleiros e que, «de feito, a proposta de abrir as barras vén desa negociación continua». «Nesta situación, hai que ser imaxinativos e buscar fórmulas para seguir traballando; hai que evitar non traballar», explicou Alfonso Rueda sobre o novo protocolo para o sector, que «se tentará pechar a semana que vén».
