Tal e como adiantamos desde nhdiario.es este pasado mércores, o Sindicato Labrego Galego e a Federación Rural Galega rexistraran unha queixa diante da Valedora do Pobo para tentar resolver o grave problema que supoñía para miles de familias labregas manter prohibidos os mercados alimentarios de proximidade.
En consecuencia a Xunta mudou de parecer e permitirá que os concellos celebren mercados locais de produtos agroalimentarios a partires do vindeiro luns, 4 de maio, sempre baixo estritas condicións de seguridade. Así o anunciou este xoves o conselleiro do Medio Rural, José González, quen trasladou esta decisión durante a súa participación, por vía telemática, na Conferencia Sectorial de Agricultura e Desenvolvemento Rural xunto co ministro de Agricultura, Pesca y Alimentación, Luis Planas, e os seus homólogos das diferentes comunidades autónomas.