A Xunta redactará o proxecto para construír unha senda entre O Couto e Ponteceso


Será na marxe da estrada AC-424, dándolle resposta á solicitude da Fundación Eduardo Pondal. Así llo trasladou este mércores a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, ao alcalde de Ponteceso, Lois García, nunha xuntanza de traballo. O Goberno galego estudará as posibilidades de atender ademais a execución dun espazo de aparcadoiro na zona. Cómpre lembrar que o Plan de Sendas de Galicia prevé na comarca de Bergantiños un total de 7 itinerarios que suman 11 km e un orzamento de preto de 5 M€.