A Xunta reforza a colaboración co Concello de Laxe para a mellora das súas infraestruturas rurais

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, mantivo este martes en San Caetano unha reunión co alcalde de Laxe, Francisco Charlín.

O encontro serviu para reforzar a colaboración entre a Xunta e este Concello en materia de impulso ás súas infraestruturas rurais. Neste sentido, cómpre lembrar que Laxe é beneficiario do Plan Camiña Rural 2025-2026 da Consellería, que ten como obxectivo financiar as actuacións de mellora ou mantemento dos camiños municipais que dan acceso en calquera punto do seu trazado a polo menos dúas parcelas agrícolas. Así, para o referido período, Laxe ten concedida unha axuda total de 29.197 euros por este concepto.

Related posts

En marcha as obras para instalar un ascensor na casa consistorial de Camariñas

O Concello da Laracha licita o proxecto de mellora das infraestruturas viarias do parque empresarial

Cae unha rede de ciberestafadores que lle cargaron 4.100€ a unha muller que estaba de vacacións en Carballo