Foron entregadas 13 tendas de campaña de emerxencias destinadas ás Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) dos concellos de Barbadás, Bande, Boborás, Carballeda de Avia, Cartelle, Castro Caldelas, Cortegada, Lobios, Paderne de Allariz, Riós, Vilar de Barrio, Xinzo de Limia e Xunqueira de Ambía.
Trátase de tendas de campaña habilitadas para ser despregadas en situacións de emerxencia e que ofrecen ademais facilidades para o seu transporte, montaxe e desmontaxe. En total, distribuíronse 26 tendas destas características a AVPC de toda Galicia no marco da orde de axudas do ano pasado destinada a reforzar o equipamento de agrupacións de 66 concellos galegos e 1 mancomunidade.
Na provincia de Ourense tamén se entregaron 19 vehículos todocamiño tipo pick-up, 6 remolques para a atención das emerxencias, 8 coitelas para a retirada de neve e 8 esparexedores de sal.