A Xunta reforzará o firme da AC-440 ao seu paso polo concello de Muxía

1 minutes read

Trátase dunha actuación na que o Goberno galego investirá preto de 514.000 euros para mellorar o estado do pavimento e reforzar a seguridade viaria neste importante eixo de comunicación da Costa da Morte e que beneficiará directamente aos 4.326 veciños deste municipio. As obras previstas centraranse na regularización da calzada, o recrecido do pavimento e a reposición das zonas máis deterioradas, empregando mesturas bituminosas en quente e tratamentos específicos segundo o estado de cada treito. Ademais, completarase a actuación coa reposición da sinalización horizontal e a instalación de resaltos nas liñas de carril fóra dos ámbitos urbanos para optimizar a visibilidade e a seguridade.  Non será necesario realizar expropiacións, xa que todos os traballos se desenvolverán dentro da franxa de dominio público, a delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, avanzou que o prazo estimado de execución será de seis meses unha vez adxudicadas as obras a previsión é poder estar executando os traballos este verán.