A Xunta reforzará o subministro eléctrico do parque empresarial de Xinzo de Limia

Así o acordou o Consello de administración de Xestur, que autorizou a contratación destes traballos para mellorar o equipamento xeral.

Deste xeito, garántese un subministro de calidade para todo o parque empresarial, grazas a un investimento público de 246.937,41 euros.

Cómpre lembrar que a Xunta licitou o pasado mes de novembro as obras de urbanización da ampliación do polígono, por importe de máis de 3,6 millóns de euros, e prevé a súa adxudicación para o vindeiro mes de marzo.

O parque de Xinzo de Limia ampliarase en 118.695 m2, dos que 86.521 se corresponden coas 23 novas parcelas deste ámbito empresarial.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha