A Xunta remata as obras da senda entre Xornes e a igrexa de San Xoán, en Ponteceso

1 minutes read

As obras consistiron na construción dun novo itinerario de uso compartido peonil e ciclista pola marxe dereita da AC-421, que permite os desprazamentos máis cómodos e seguros desde o núcleo de Xornes ata a igrexa de San Xoán. Esta senda enlaza coa outra xa executada en Xornes-Buño-Canta la Rana, que supuxo un investimento autonómico de arredor de 535.000 €.

A nova senda entre Xornes e a igrexa de San Xoán abarca 1,3 km de lonxitude e ten 2 metros de ancho, salvo en casos puntuais onde o ancho é maior, xa que se une o novo itinerario coa aliñación das parcelas para evitar que queden franxas baleiras no trazado.

É de formigón coloreado, para facilitar a visibilidade, e dispón nalgúns treitos de cuneta de seguridade e franxa axardinada. Completáronse os traballos coa execución da drenaxe e das canalizacións para alumeado público e telecomunicacións. O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, supervisou o resultado destas obras.