A Consellería de Política Social remitiulle o convenio de colaboración para a financiación do novo centro de día municipal do Concello de Malpica de Bergantiños, tal e como se acordara nunha xuntanza mantida entre a Conselleira de Política Social e o alcalde o pasado mes de xaneiro. O centro destinado aos maiores do municipio será xestionado polo Concello.
O convenio anterior que se asinara no 2018 perdera a súa vixencia, logo de que o Concello non licitase nin iniciase no tempo previsto as obras para a rehabilitación da Casa do Oleiro, inmoble que está previsto acondicionar para este novo centro de atención ás persoas maiores.
A Xunta remitiulle ao Concello para a súa aprobación a proposta de convenio coas mesmas condicións que o asinado con anterioridade, para poder manter o compromiso acadado no seu día co Concello. Unha vez aprobado polo concello poderase proceder á formalización do mesmo mediante a firma por ambas partes.