A Xunta remitirá aos concellos notificacións para a limpeza de 60.000 parcelas antes de que remate outubro

1 minutes read

Antes de que remate o mes de outubro os propietarios de 60.000 parcelas de diferentes puntos de Galicia serán notificados polos seus respectivos concellos para que xestionen debidamente a biomasa nos seus terreos, situados na proximidade de núcleos de poboación.

Isto será posible grazas ao sistema público de xestión de biomasa creado en virtude do convenio asinado entre a Xunta, a empresa pública Seaga e a Fegamp. Os avisos serán para os titulares de predios situados en parroquias priorizadas por este convenio e marcarán un prazo de 15 días, a partir do cal, se non se fan estes labores, iniciaranse as accións subsidiarias correspondentes. Así o advertiu este domingo o conselleiro do Medio Rural, José González.