A Xunta renova a súa aposta pola promoción turística conxunta a través da marca España Verde

1 minutes read

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou por vez primeira na comisión de seguemento da España Verde, a marca turística que reúne ás comunidades autónomas de Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi, ademáis de Turespaña, para a promoción conxunta deste territorio. O seguemento do Plan Operativo 2023, así como a situación do proxecto “Corredor de Ecoturismo da España Verde”, financiado con fondos europeos, ou a posta en común de novas iniciativas para a modernización das presentacións da España Verde nos mercados internacionais, centraron boa parte do encontro, que se desenvolveu na Torre Ibrerdrola de Bilbao.

Ao remate do encontro Merelles explicou que o turismo das catro comunidades autónomas rexistrou no primeiro semestre de 2023 algo máis de 5 millóns de viaxeiros, o que se traduce nun incremento de 14,5 puntos de media con respecto ao mesmo período do ano pasado. Neste sentido, o director de Turismo de Galicia enxalzou a importancia da marca España Verde para a promoción e dinamización turística e cultural dos territorios socios ao tempo que aseguruou que Galicia continuará apostando por esta colaboración de cara a seguir obtendo “grandes resultados”. 

Durante a reunión fíxose un seguemento das accións deseñadas para este ano 2023, centradas fundamentalmente na actualización das ferramentas de promoción (web, rrss, banco de imaxes) e en iniciativas como os catro «Fam Trip Online» temáticos sobre El Camino de Santiago creados, nos seus itinerarios do Norte e Primitivo, e no Camiño Lebaniego, a Enogastronomía, as Ciudades e patrimonio cultural e a Naturareza.