A Xunta de Galicia saca a concurso máis de 35.000 m2 de solo empresarial para venda no polígono de Bértoa en Carballo. No concurso de venda inclúense tamén parcelas de 4 parques empresariais máis nas que se rexistrou concorrencia de ofertas para a súa adquisición.
Con obxectivo de adxudicar o solo dispoñible con total transparencia e en igualdade de condicións para todas as empresas interesadas, Xestur decidiu convocar un novo concurso para aqueles parques nos que se rexistrou esa concorrencia de ofertas.
Neste procedemento inclúense ademais novas parcelas que non estaban no anterior, como sucede no caso de Bértoa (Carballo), no que se suman dúas que en febreiro estaban condicionadas pola modificación puntual do proxecto sectorial do parque para cambiar o seu uso de terciario a industrial. Unha vez aprobada a modificación, incorpóranse á oferta de solo de Xestur.
No resto de parques empresariais, non incluídos neste concurso, a empresa xa pode adxudicar o solo de forma directa.
Os polígonos industriais incluídos neste concurso de venda de solo son os seguintes:
| PARQUE | NÚMERO DE PARCELAS | SUPERFICIE m2 | PREZO MÍNIMO E MÁXIMO €/m2 |
| Morás (Arteixo) | 1 | 2.000 | 123,90 |
| A Sionlla (Santiago) | 30 | 125.805,50 | 80,50 / 145,60 |
| Bértoa (Carballo) | 5 | 35.083,00 | 32,99 / 45,97 |
| As Gándaras (Lugo) | 28 | 50.244 | 57,50 / 62,50 |
| Pereiro de Aguiar | 1 | 685 | 40,00 |
| TOTAL | 65 | 213.817,50 |