A Xunta solicita a colaboración da Delegación do Goberno na loita contra o furtivismo

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, mantivo un encontro co delegado do Goberno en Galicia, José Manuel Miñones, no que abordaron asuntos de interese para o sector do mar fundamentalmente relacionados coa loita contra o furtivismo no marisqueo. A titular de Mar solicitou a colaboración da Delegación do Goberno neste eido, especialmente nos casos de acción ilícita relacionados con problemas de orde pública, co obxectivo de facer fronte a esta problemática de xeito máis eficaz.

Manifestouse ademais a necesidade de coordinar entre ambas administracións as distintas inspeccións ao sector profesional coa finalidade de facilitar a actividade da frota e de evitar solapamentos que a dificulten. A maiores, a conselleira aproveitou a reunión para trasladar ao delegado outras demandas co obxectivo de avanzar no desenvolvemento da actividade do sector marítimo-pesqueiro e na mellora da súa competitividade.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha