A Xunta solicitou ao CNI indicacións para detectar Pegasus nos seus móbiles

0 minutes read

Amtega, o organismo responsable deste tipo de operacións, confirmou que despois de solicitar esas instrucións (o luns 2 de maio), o Goberno central remitiulles ás comunidades autónomas unha guía para a detección do devandito programa, «que agora está a ser revisada». Hai un protocolo de uso de dispositivos móbiles corporativos aprobado pola Comisión de Seguridade e Goberno Electrónico, «que os usuarios deben aceptar explicitamente coa entrega do terminal». Os utilizados polo presidente e os conselleiros verifícanse de xeito periódico. No que respecta a altos cargos, disponse dunha plataforma específica para o cifrado de información.