A conselleira de infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, interveu no Parlamento de Galicia onde destacou que a Xunta reservou nos Orzamentos de 2023 un investimento de 3,5 M€ para avanzar na continuación da autovía entre Baio e Vimianzo ata a estrada AC-432 que vai a Camariñas, para o que xa se someteu o proxecto construtivo a información pública.
Explicou que se trata do tramo para dar continuidade á autovía da Costa da Morte, entre Santa Irena e a AC-432, sumando 6 quilómetros de trazado, pero de execución moi complexa, ao incluír 3 enlaces, 3 viadutos, 6 pasos superiores, 3 inferiores e 6 obras de drenaxe.
Destacou que a prolongación da autovía suporá un investimento autonómico próximo aos 29 M€, consignados nos orzamentos deste ano en nos seguintes.
Este novo tramo, segundo detallou a conselleira, daralle continuidade ao treito en servizo, que consta de 27 quilómetros e supuxo unha mellora substancial en tempo e seguridade para os seus usuarios.