A Xunta sufraga as obras de mellora na rúa Mixirica de Fisterra

A Xunta colabora co Concello de Fisterra na construción dunha beirarrúa peonil na rúa Mixirica e no arranxo da capa de rodadura no vial. Segundo o acordo, o Goberno galego asume o 100% do investimento cunha achega de máis de 45.400 euros.

Deste xeito, dáse resposta á necesidade de dotar de beirarrúas no lateral sur desta rúa para garantir a seguridade da veciñanza. Ademais, existen dous portais e garaxes nos edificios de nova construción. Así, os traballos, que xa se están executando e a piques de rematar, consistiron principalmente na escavación do ancho da beirarrúa, na colocación do bordo, na reposición do firme do arcén/lateral, e na execución do pavimento con base de formigón e baldosa nas dúas entradas aos garaxes.

A iniciativa enmárcase no compromiso do Goberno galego coas administracións locais, como entidades máis próximas á cidadanía. Nesta liña, a Xunta impulsou no que vai de ano preto dun milleiro de actuacións municipais a través de liñas específicas de apoio ao eido local.

Related posts

A selección española feminina de fútbol revalidou o título da UEFA Nations League

A Casa da Cultura acolleu este martes o 2º Pleno Infantil do Concello da Laracha

O Castelo de Vimianzo acollerá unha exposición de olería