A Xunta súmase agora ao “España nos roba”

Parlamento de Galicia.

  • A oposición lembralle que a débeda do Ive se trata dun problema creado polo PP.

A Xunta considera que a postura do goberno central respecto á débeda que teñen coas comunidades autónomas é unha tomadura de pelo e unha estafa política e económica. Alfonso Rueda dixo na cámara galega que a reclamación dos 370 millóns de euros é unha das prioridades, xunto coa transferencia da AP-9, da axenda galega plantexada ante o goberno central.

Os grupos da oposición coinciden en que é unha reclamación lexítima pero lembran que o que nos levou a esta situación foi o Partido Popular. O vicepresidente da Xunta fixo un chamamento á unidade dos grupos da oposición para acadar os 25 compromisos que se inclúen na axenda galega.