O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Coristanco, Juan Carlos García, visitou o concello para coñecer as melloras realizadas neste municipio ao abeiro da Orde para a creación ou mellora de infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais. Concretamente supervisaron as obras levadas a cabo de subministración de trial de aventura para a área recreativa da Rocheira e para a renovación dos xogos do parque infantil de Santa Marta-Traba. O representante do Goberno galego lembrou que na comarca de Bergantiños-Costa da Morte no 2022 realizáronse actuacións con estes apoios da orde de Infraestruturas nos concello de Dumbría, Vimianzo, Muxía, Malpica de Bergantiños, Coristanco e Cabana de Bergantiños por un importe de máis de 142.000 euros que mobilizaron máis de 203.000 euros.
26