A Xunta traballa para que o galego poida estar presente en todos os eidos da publicidade

Foto.- Conchi Paz.

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, participou no Parlamento de Galicia na entrega dos premios Publicidade en Galego 2021, uns galardóns que recoñecen traballos feitos no último ano. Durante a entrega, na que tamén interviñeron o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, e o presidente do Foro Enrique Peinador, Xosé González Martínez, o titular de Cultura avanzou que a Xunta de Galicia está traballando para que o galego poida estar presente en todos os ámbitos da publicidade, para o cal estase analizando a situación en internet.

Os Premios de Publicidade en Galego 2021 recoñecen na edición deste ano as campañas e accións publicitarias feitas por Ecovigo para Hidrotec-Tecnología del agua, por NEOZINK para o Grupo Cuevas, por 100×100 Creatividade+Comunicación para o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e por &Rosás para Martín Codax. Na modalidade de centro educativo as galardoadas foron unha alumna e unha profesora do instituto IES Leixa de Ferrol, mentres os laboratorios Zeltia recibiron a mención de honra.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha