A Xunta “trampea” coa instalación de novos parques eólicos, segundo o PSdeG

1 minutes read

A viceportavoz de Grupo Socialista, Paloma Castro, urxiu reforzar as garantías medioambientais dos territorios afectados pola instalación de novos parques eólicos, xa que “non se pode tolerar que o goberno galego faga a vista gorda ou trampee”, como “co parque eólico de Mondoñedo, onde incumpliu a normativa, evitando o informe medioambiental”, e que foi anulado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). Castro levou este asunto á Parlamento a través dunha proposición non de Lei que foi rexeitada polo PP. A responsable socialista instou a “non repetir os erros cometidos no pasado” e modificar o marco normativo “para que veciñanza, comunidades e concellos reciban unha compensación axeitada pola instalación dos parques” no seu territorio e de forma legal.