A Xunta trasládalle a Laxe os trámites para declarar unha área de rehabilitación integral

1 minutes read

O director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García, e o alcalde de Laxe, José Luis Pérez, analizaron xuntos as posibilidades existentes para que Laxe poida solicitar a declaración dunha Área de rehabilitación integral (ARI), así como as condicións para a tramitación da mesma.

Neste sentido, o director aproveitou a reunión para explicarlle ao rexedor municipal os pasos que o Goberno local debe dar de cara á declaración dunha ARI e as vantaxes que a mesma pode ofrecer aos veciños da vila.

Tamén lle explicou as distintas liñas de axudas en materia de vivenda que a Xunta pon á disposición dos concellos galegos, como son o Fondo de cooperación ou as axudas para a rehabilitación de vivendas de titularidade municipal ou de infravivendas co fin de destinalas a uso residencial.