A Xunta ultima unha nova Lei Orgánica de Saúde

1 minutes read

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou, tras a reunión do Comité clínico de expertos sanitarios, que a Xunta está a ultimar unha nova Lei Orgánica de Saúde para levar ao Parlamento e enviar posteriormente ao Congreso. Feijóo engadiu que tamén se vai remitir ao Goberno como “aportación leal dunha Comunidade autónoma ocupada e preocupada pola pandemia”.

Rolda de prensa de Alberto Núñez Feijóo.

Tras lamentar que despois de cinco meses volvamos á “casiña de saída” ao non contar con ningunha proposta alternativa máis que seguir prorrogando o Estado de Alarma de forma indefinida, Feijóo reiterou que “o Estado de Alarma non ofrece respostas específicas para unha pandemia, a resposta específica para unha pandemia é unha lexislación sanitaria”.

Polo tanto, “temos que apurar mecanismos legais existentes e perfeccionalos porque a pandemia sanitaria se ten que abordar desde o punto de vista xurídico cunha lexislación de pandemia sanitaria e non cunha lexislación constitucional excepcional”, engadiu.