A Xunta urxe a Planas a presentar o recurso contra o veto á pesca de fondo

A conselleira de Mar da Xunta de Galicia, Rosa Quintana, urxiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luís Planas, a presentar o recurso anunciado contra o veto da UE á pesca de fondo en 87 zonas e solicitar a súa suspensión temporal, antes de que termine o prazo o día 19 deste mes.

Con motivo da súa participación nun encontro en Bruxelas con responsables doutras rexións afectadas por esta prohibición, na que se avaliaron as consecuencias desta medida, Quintana lembrou que a Xunta xa trasladou ao Goberno «os argumentos e fundamentos» dos que dispón para apoiar este recurso, xa que as rexións «non están lexitimadas para presentar», apostilou.

Nunhas declaracións remitidas pola Consellería, tamén insta os armadores a presentar recursos, para o que teñen de prazo ata decembro.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha