25
O Concello de Cabana de Bergantiños celebrou este sábado a súa vixésimo segunda Xuntanza dos Maiores cunha participación de 600 persoas do municipio. A xornada de confraternización contou cun xantar popular seguido da actuación musical a cargo de Judith Cundíns. Desde o Concello sinalan «a importancia de que as nosas persoas maiores poidan gozar dunha xornada adicada a elas, retomando así unha tradición que tivemos que pausar nos últimos anos e que agora podemos retomar para ledicia de todos e todas».