A Xustiza anula as candidaturas de Toni Cantó e Agustín Conde na lista do PP madrileño


O Xulgado do contencioso-administrativo nº 5 de Madrid anulou as candidaturas do exportavoz de Cs nas Cortes Valencianas Toni Cantó e o exalcalde de Toledo Agustín Conde na lista do Partido Popular ás eleccións madrileñas que encabeza Isabel Díaz Ayuso ao consideralos «inelixibles» por empadroarse na rexión despois do peche do censo. Cantó, número 5 da lista electoral de Ayuso, foi a principal novidade da candidatura e a única persoa allea á contorna da presidenta á que se reservou un oco entre os dez primeiros postos, mentres Conde ocupaba o número 23. A Xustiza atende deste xeito ao recurso presentado polo PSOE contra o acordo da Xunta Electoral Provincial de Madrid que aceptou a lista de Ayuso no que estimaba que «a condición de elector e elixible», por parte de Cantó e Conde non só non se produciu antes do 1 de xaneiro -data de peche do censo electoral- senón unha vez convocadas as eleccións despois do 11 de marzo». A resolución é firme, pero pode ser recorrida ante o Tribunal Constitucional. Nese caso, o Constitucional terá tres días para resolver.