A xustiza belga ordenou este xoves manter detida á eurodeputada grega Eva Kaili, imputada este mes nunha investigación por corrupción relacionada con Catar, segundo anunciou a Fiscalía de Bélxica.
A Cámara de Bruxelas, ante a que compareceu a eurodeputada socialista o xoves pola mañá, rexeitou a petición de colocarlle unha pulseira electrónica. O tribunal «prorrogou a prisión preventiva por un mes», dixo a fiscalía nun comunicado. Con todo, os avogados poden recorrer esta decisión.
A eurodeputada grega está acusada de corrupción, branqueo de diñeiro e participación nunha organización criminal para promover os intereses de países estranxeiros como Catar no Parlamento Europeo.