A Xustiza belga suspende a euroorden contra Puigdemont e Comín

Fonte: Euronews

  • Puigdemont insta na súa conta oficial de Twitter a que España acapare a lei e actúe en consecuencia

A xustiza belga suspendeu a euroorden de detención contra o expresidente catalán Carles Puigdemont, fuxido en Bélxica, e contra o exconseller Toni Comín, que reactivou o xuíz do Tribunal Supremo Pablo Llarena o 14 de outubro tras facerse pública a sentenza do ‘procés’.

Tal e como expuxo Puigdemont na súa conta oficial de Twitter, a xustiza belga decidiu suspender o seu arrestro e orde de extradición.

Na súa mensaxe, Puigdemont insta a España a “actuar da mesma maneira que Bélxica e a respectar a lei”, en alusión á sentenza do Tribunal de Xustiza da UE que recoñeceu a inmunidade de Junqueras como eurodeputado e que abriu a porta a que Puigdemont e Comín se puidesen acreditar como tales.

Así, tanto Puigdemonte como Comín poderán desprazarse a Estrasburgo (Francia) o próximo 13 de xaneiro para acudir á sesión plenaria do Parlamento Europeo.