O Tribunal Xeral da Unión Europea ha estimou este mércores os recursos do Fronte Polisario contra os acordos entre a Unión Europea (UE) e Marrocos en materia de comercio agrícola e pesca. Os acordos afectados son o de preferencias arancelarias comunitarias aos produtos de orixe marroquí, e o acordo de colaboración de pesca sostible, porque entende que ambos se asinaron sen o consentimento do pobo do Sahara Occidental. O Tribunal, con sede en Luxemburgo, decidiu manter os efectos das decisións durante un certo período de tempo, co fin de preservar a acción exterior da Unión e a seguridade xurídica dos seus compromisos internacionais. Nunha declaración conxunta, o alto representante da Unión Europea para a Política Exterior, Josep Borrell, e o ministro de Asuntos Exteriores de Marrocos, Naser Burita, aseguraron que ambas as partes tomarán «as medidas necesarias» para «asegurar o marco legal que garanta a continuación e estabilidade das súas relacións comerciais».
A Xustiza europea anula o acordo de pesca e o agrícola entre a UE e Marrocos
Cedida.