A Xustiza europea impón unha multa de 2.400 millóns a Google

O Tribunal Xeral da Unión Europea (TGUE) confirmou a multa de 2.400 millóns de euros imposta pola Comisión Europea a Google por prácticas anticompetitivas no seu sistema de comparación de prezos, relegando aos seus competidores.

O TGUE, con sede en Luxemburgo, desestimou unha apelación do xigante estadounidense da internet e concluíu que abusara «da súa posición dominante» e «que debe confirmarse o importe da sanción pecuniaria imposta».

A empresa estadounidense había interposto un recurso contra a sanción porque, segundo expuxo nos seus argumentos ante o TGUE, é «incorrecta» a nivel legal e desde o punto de vista económico e fáctico. Argumentou que os anuncios de Google Shopping «sempre axudaron á xente para atopar os produtos que buscan con rapidez e facilidade e aos comerciantes para dar con potenciais clientes».

O Executivo comunitario impuxo a multa tras unha investigación que iniciou en 2010, naquel entón comisario de competencia, Joaquin Almunia, por supostos abusos de posicionamento nos motores de procura. A pescuda concluíu que no 90 % dos resultados do servidor de Google, os produtos da competencia estaban posicionados moito máis abaixo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha