A Xustiza europea retira a inmunidade a Carles Puigdemont

A Xustiza Europea deixou sen inmunidade a Carles Puigdemont e a outros dous eurodeputados independentistas cataláns, Toni Comín e Clara Ponsatí.

Esta sentenza abre a vía para que España poida reactivar a petición de extradición e así xulgalos. Pero antes, a Xustiza belga deberá pronunciarse sobre a súa entrega.

Puigdemont fuxiu a Bélxica en 2017 tras a celebración en Cataluña de un referendo ilegal de independencia.

Desde entón as circunstancias cambiaron en España. O código penal foi reformado co obxectivo de rebaixar as tensións cos independentistas e xa non existe o delito de sedición. Polo que Puigdemont sería tan só perseguido por malversación e desobediencia.

En 2021 o Parlamento Europeo levantou a inmunidade a Puigdemont e aos outros dous eurodeputados. Pero os afectados pediron á Xustiza europea que anulará a decisión. Agora o Tribunal Xeral da Unión Europea ha desetimado o recurso.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha