A Xustiza madrileña mantén as eleccións anticipadas para o 4 de maio

1 minutes read

O Tribunal Superior de Xustiza de Madrid (TSJM) apoiou a convocatoria de eleccións anticipadas na Comunidad de Madrid o 4 de maio ao rexeitar o recurso presentado polos letrados da Asemblea, que pedían medidas cuatelares e cautelarísimas contra o decreto presentado pola presidenta rexional, Isabel Díaz Ayuso. Con todo, a convocatoria electoral aínda non é firma, pois o TSJM ten que analizar o fondo da cuestión e emitir unha sentenza definitiva, para a cal non hai prazo fixado. Ademais, a decisión pode ser recorrida ante o Supremo, unha posibilidade que a Mesa da Deputación Permanente da Asemblea de Madrid estudará este luns nunha reunión telemática, para o que dispón de cinco días contados desde o seguinte á súa notificación. Con todo, a opción do recurso parece pouco probable, dadas as reaccións dos políticos madrileños tras coñecer o respaldo do TSJM ao adianto electoral, incluídos os portavoz de PSOE e Más Madrid, que presentaron senllas mocións de censura contra Ayuso tras producirse a convocatoria.