A Xustiza obriga á familia Franco a devolver o Pazo de Meirás

Pazo de Meirás
  • A maxistrada Marta Canales declarou que o inmoble foi unha concesión ao xefe do Estado, non a Franco a título persoal

O Xulgado de Primeira Instancia número 1 de A Coruña sentencia que o Pazo de Meirás é propiedade do Estado, polo que a familia Franco deberá devolvelo sen ser indemnizada polos gastos de mantemento nos que os actuais propietarios afirman que incurriron durante as últimas décadas.

A maxistrada Marta Canales declarou que o inmoble foi unha concesión ao que por aquel entonces exercía de xefe de Estado, Francisco Franco Bahamonde, pero que non se lle regalou ao xeneral a título persoal.

A Xunta de Galicia, a Deputacion Provincial e os Concellos de Sada e A Coruña mantivéronse á favor da devolución en contra dos intereses dos demandados: varios membros da familia Franco e unha sociedade limitada.