39
Un xuíz de Madrid deixou en suspenso a moratoria sobre as multas adoptada polo novo goberno municipal, unha decisión que deixara no aire a Madrid Central, o proxecto impulsado pola anterior alcaldesa para loitar contra a contaminación do tráfico na capital de España. No seu escrito o xuíz entende que se pode producir unha «evidente emisión de gases contaminantes non autorizados» se non se sancionan os vehículos.
O Partido Popular e Ciudadanos, agora á fronte do concello madrileño, mostraron a súa oposición á implantación de Madrid Central desde a súa concepción. A medida pretende conseguir que a contaminación atmosférica da cidade diminúa restrinxindo a circulación nunha das zonas máis concorridas da capital.