A Xustiza senta no banco a Torra por non retirar os lazos amarelos da Generalitat

Quim Torra

O Presidente de Cataluña, Quim Torra, terá que someterse a un xuízo oral aberto polo Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña (TSXC), por un presunto delito de desobediencia ao non retirar os lazos amarelos dos edificios da Generalitat dentro dos prazos que lle ordenaba a Xunta Electoral Central (XEC), xa que este tipo de símbolos non estaban permitidos durante as campañas das eleccións xerais.

Torra finalmente retirou os lazos amarelos pero incumprindo os prazos establecidos pola XEC, e despois permitiu que se colocase na fachada do Palau unha pancarta co mesmo lema de «Llibertat presos polítics i exiliats» pero cun lazo branco cruzado por un trazo de cor vermella, que conta co mesmo significado partidista.

A Fiscalía pide un ano e oito meses de inhabilitación para Torra para o exercicio de funcións de goberno ou de cargo público de ámbito «local, autonómico, estatal ou europeo» e que se lle multe con 30.000 euros.