A Xustiza suspende as restricións á hostalería en Madrid e o Goberno dá marcha atrás

PIXABAY

A Audiencia Nacional deulle a razón á Comunidad de Madrid e acordou suspender preventivamente, no ámbito desta autonomía, as restricións ao lecer nocturno e a hostalería aprobadas no Consello Interterritorial de Saúde e de obrigado cumprimento segundo Sanidade. No seu recurso contencioso administrativo, o Goberno de Isabel Díaz Ayuso solicitaba medidas cautelarísimas e cautelares contra unhas restricións que “causan un dano inmediato, irreparable e insubsanable”, segundo considera o seu Executivo. deste xeito, esta restrición non entrará de momento en vigor na comunidade e seguirán vixentes as medidas impostas a nivel autonómico: interiores ao 50% e mesas de oito comensais en terrazas.

“O Ministerio busca consenso e trata de evitar a xudicialización do proceso; sería unha pena que vaia a depender das autoridades xudiciais porque non atopásemos alternativas suficientes”, resaltou na súa habitual conferencia de prensa o director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias, Fernando Simón, tras coñecer a resolución da Audiencia Nacional.