0
O español foi detido esta fin de semana como sospeitoso de asasinar o seu amigo o cirurxián colombiano Edwin Arrieta,e despois confesou cometer o crime asegurando que o fixo por que sentía “refén” da vítima. Daniel Sancho entrou en prisión este luns no cárcere de Koh Samui, no sur de Tailandia, despois de que un xuíz do tribunal provincial da illa decretase prisión provisional para o mozo polo presunto asasinato do colombiano Edwin Arrieta, segundo confirmaron fontes próximas ao caso. Sancho, de 29 anos, permanecerá nesta prisión polo menos ata que comece o seu xuízo e desde agora será sometido a un illamento de dez días por protocolo COVID-19, período durante o cual só poderá ser visitado polo seu avogado.