A XVI Xuntanza Palilleira de Vimianzo celebrarase no pavillón do IES Terra de Soneira

  • Non será o único evento, haberá magosto, desde as 16:00 horas na praza do Concello, e a proxección de ‘Cardoña fotos a 7 pesetas’ no Auditorio Municipal.

A XVI Xuntanza Palilleira celebrarase finalmente no pavillón do IES Terra de Soneira, debido ás intervencións que se están a realizar na cuberta do pavillón municipal, que impiden que se poidan reunir as artesás con total seguridade.

O evento dará comezo este sábado 18 de novembro, ás 10:30 horas, e acudirán 650 palilleiras desde distintos puntos da xeografía galega. O peche terá lugar ás 19:30.

Á inauguración institucional acudirán, contra as 12:00 horas do mediodía, a alcaldesa, Mónica Rodríguez; a concelleira de Cultura, Rosa Blanco; a concelleira de Benestar Social, María José Pose; a concelleira de Turismo, Beatriz Pazos; a subdelegada do Goberno, María Rivas; e a deputada provincial de Emprego, Rosa Ana García.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha