43
Enmárcase dentro do Circuíto de Carreiras Populares “Correndo pola Costa da Morte”, ten por obxectivo fomentar a práctica de actividade física e deportiva como medio para alcanzar unha vida máis saudable.
Ata o mércores día 28 de Agosto ás 12 da noite continúa aberto o prazo para inscribirse na que será a penultima das carreiras incluídas no Circuíto, no que participan dez concellos. Para Corcubión esta é xa a 18 edición dunha proba asentada entre os atletas, pois moitos son os que repiten pero serán moitas as caras novas dun deporte tan en auxe actualmente entre a sociedade en calquera das franxas de idade.
Poden participar na carreira nenos e nenas a partir dos 4 anos ata a categoría adulta.