A XXIV Festa dos Maiores de Frades reuniu a preto de 500 persoas

1 minutes read

Algo máis de 470 persoas, veciños e veciñas de Frades de máis de 60 anos, participaron na XXIV Festa dos Maiores, que tivo lugar na carballeira de San Nicolao e que estivo presidida polo alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, e o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez Muíños.

A Festa comezou coa misa das 13:30 horas. Ás 14:00 horas, mentres os comensais buscaban os seus asentos, a música correu a cargo do dúo Eva e Camilo. O xantar estivo ofrecido polo restaurante Casa Taboada (Touro) cun menú a base de empanada, polbo á feira, xarrete, sobremesa e café.

A partir das 17:30 horas houbo xogos antigos aos que xogaban os nosos maiores cando eran cativos (aro, chave…) mentres soaban os acordes da música dos grupos folclóricos Medorra con Troula (Galegos) e Sarillo (Aiazo). Unhas actuacións que precederon á tradicional homenaxe ás catorce persoas de máis de 90 anos presentes na festa. A festa rematou cunha espectacular tronada que deu paso á actuación musical do Dúo Eva e Camilo.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?