32
- Este sábado acudirán dúas palilleiras da Asociación Puntillas e o domingo, outras dúas da Asociación Rendas
A XXX Mostra do Encaixe de Camariñas tamén está presente na VII Edición de FESTUR, que se está a celebrar esta fin de semana no Concello de Silleda. O obxectivo é promocionar tanto o evento do palillo, que do 8 ao 12 de outubro celebrará a súa 30ª edición, como promocionar o proxecto ‘A Caramiña vén palillar ao cole’.
Este sábado acudirán dúas palilleiras da Asociación Puntillas e o domingo, xornada de clausura, outras dúas da Asociación Rendas.
A aplicación do Encaixe de Camariñas pódese observar en diferentes pezas: nas máscaras e na moda infantil da man do deseñador Esteban Freiría, ou nos tocados das deseñadoras Janet Schulz e Ana Cabranes.