Un total de 22.002 persoas comprobaron durante cinco días na XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña por que Camariñas está de moda, alcanzando así o mellor dato de asistencia que se rexistra desde o ano 2015, cando se sumaron 23.180 persoas.
A recuperación total da normalidade, sen máscaras e ningún tipo de restrición, notouse nos datos de asistencia ao evento. Destaca sobre todos os días a xornada do venres, onde 8.351 persoas entraron ao recinto, sendo este o mellor dato dun venres tamén desde o ano 2015.
En total, foron 22.002 persoas as que cruzaron a entrada da Mostra do Encaixe nestes 5 días. A Mostra é un dinamizador para o turismo e a hostelería de todo Camariñas pero sobre todo son os stands alí presentes os que se benefician do público chegado de todas as partes de Galicia, de España, e de diferentes puntos de todo o mundo que atrae o evento.
Outro dos datos a destacar desta trixésimo primeira edición foi que todas as xornadas estiven por riba da media de asistencia dos últimos anos. Este domingo 9 de abril foron 3.106 persoas. O sábado 4.441, o xoves, 5.098, e o mércores, día no que a inauguración oficial copa o protagonismo, 1.036 persoas.