A XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas abre as inscricións para formar parte do voluntariado desta cita

A XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas abriu este xoves as inscricións para formar parte do grupo de voluntariado desta cita. As persoas interesadas en formar parte da organización poden chamar ou enviar unha mensaxe de Whatsapp ao teléfono 653 26 55 29 ou por correo electrónico ao enderezo dolores.lema@camarinas.net.

As voluntarias e voluntarios son parte viva dunha Mostra do Encaixe Deputación da Coruña que este ano se celebrará do 1 ao 5 de abril de 2026, sempre en Semana Santa.  

A directora da Mostra, Dolores Lema, subliña o relevante papel das voluntarias e voluntarios, “alma da nosa Mostra do Encaixe Deputación da Coruña, imprescindibles cada ano non só para que todo saia a pedir de boca, senón tamén para crear un espírito de grupo imposible sen eles e elas; témoslles moito que agradecer”.

Related posts

O IES Maximino Romero de Lema de Baio acolleu unha charla sobre a represión franquista

A piscina municipal da Laracha permanecerá pechada por obras este venres 24 de abril

A Deputación da Coruña apoia o traballo de Senda Nova e de Mar de Fábula, entre outras 20 asociacións medioambientais