A zona euro debate como responder á crise do coronavirus

A zona euro atópase ao bordo dunha nova recesión económica. Os 19 ministros de finanzas reúnense este martes para discutir como abordala. A semana pasada nove líderes europeos, incluído Pedro Sánchez, pediron repartir a carga financeira recorrendo aos coronabonos. A súa emisión significaría que todos os países da Unión Europea pasarian a compartir a débeda e os riscos presupostarios derivados da pandemía. Algúns países opóñense a esta opción, incluídos os Países Baixos e Alemaña.

Segundo Megan Greene, economista da Harvard Kennedy School, «como na fábula da cigarra e a formiga, estes países estivéronse preparado para cando viñese o mal tempo. Preocúpalles que outros socios, como Italia, non o fixeran e por iso enfróntanse a tantas dificultades. Non son partidarios de emitir estes bonos, pensan que seria prexudicial para todos».

Para axudar aos máis afectados, hai diferentes propostas sobre a mesa dos ministros. O Banco Central Europeo, que xa anunciou que comprará bonos públicos e privados polo valor de 750 mil millóns de euros, é partidario que os países compartan a débeda. A Comisión Europea propón un plan de cen mil millóns de euros para evitar que as empresas despidan a máis traballadores. Francia suxire crear un fondo especial que conte coa contribución de todos os países da Unión, limitado a dez anos. De entre todas as propostas, recorrer ao Mecanismo Europeo de Estabilidade é a que máis apoios ten. O fondo proporciona préstamos a cambio de programas de reforma. De entre todas as propostas, recorrer ao fondo de rescate creado despois da crise de 2008, é a que máis apoios parece ter. Trátase do Mecanismo Europeo de Estabilidade , un fondo que proporciona préstamos de emerxencia a cambio de programas de reforma.

Os economistas aseguran que as ferramentas existen. Guntram Wolff, o director do think tank económico Bruegel asegura: «A situación podería derivar nunha crise de grandes dimensións na Eurozona. Ante todo deberiamos evitar unha crise autoinfligida. Responder coas políticas adecuadas permitiranos manexar a crise moito mellor. Temos a capacidade e os intrumentos para facelo.» Sen dúbida, a resposta econónomica ao Covid-19 pon unha vez máis a proba a fráxil unidade entre os socios do proxecto europeo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha