Ábalos afirma que no 2021 o AVE chegará a Galicia


José Luis Ábalos, secretario de Organización do PSOE, participou en Compostela no Comité Nacional do PSdeG, xunto ao líder dos socialistas galegos.Gonzalo Caballero, botáballe en cara ao PPdeG que polemizase cos temas do IVE, da AP-9 e do AVE só cando gobernan no executivo en Madrid os socialistas e non cando gobernaba o PP.  Sobre a polémica dos prazos do AVE a Galicia, Ábalos insistiu na data de 2021 e destacou a importancia das probas de seguridade previas. 

“Inmediatamente poderemos aplicar as probas de seguridade que non tardarán como o treito anterior porque xa está desenvolvida a tecnoloxía… Iso significa que seguimos traballando para o 2021 e é posible”, dixo Ábalos.

Gonzalo Caballero afirmou que “Un PP do cal o Tribunal de Contas acaba de dicir que houbo graves irregularidades cando Rajoy e Ana Pastor gobernaban en España, coa complicidade de Feijóo. A cara dura do PP cando fala do AVE non ten límites e non llo podemos consentir”.