Ábalos dimite como presidente da Comisión de Interior do Congreso

José Luis Ábalos, xa reaccionou á petición da Executiva Federal do PSOE, que lle pedía «por unanimidade» que entregase a súa acta de deputado en 24 horas, algo que, de momento, non vai facer. O que si fixo foi dimitir como presidente da Comisión de Interior do Congreso.

Esta petición unánime da Executiva do PSOE prodúcese a raíz da suposta trama de comisións ilegais que afecta á súa exasesor no chamado ‘Caso Koldo’. Ademais, o PSOE impulsará unha comisión de investigación na Cámara Baixa sobre irregularidades en contratos de material sanitario na pandemia.

A investigación, denominada ‘operación Delorme’, está dirixida polo Xulgado Central de Instrución número 2 e coordinada pola Fiscalía Anticorrupción e a Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil. Foi decretado ademais o segredo sobre as actuacións.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha