Ábalos non renuncia á súa acta e pasará ao Grupo Mixto para defenderse

O deputado e exministro de Transportes decidiu pasar ao Grupo Mixto para defender a súa «honorabilidade» e «non comprometer» ao Grupo Parlamentario Socialista a raíz do ‘caso Koldo’, que salpica o Ministerio que dirixiu entre 2018 e 2021. Lembrou que non está imputado neste caso, que afecta ao seu exasesor (Koldo García) e reprochou ao PSOE a súa falta de «compañeirismo» respecto a el. Nada máis anunciar a súa decisión, o partido abriulle un expediente disciplinario e suspendiuno preventivamente de militancia. Ante a que é, dixo, a “decisión máis importante” e «drástica» da súa vida, nos últimos días escoitou “todas as voces” á súa ao redor desde que estalase o ‘caso Koldo’ a semana pasada. “Decidín facer caso ás persoas que me queren, que son moitos”: “Transmitíronme con sinceridade e xenerosidade o rogo de que siga adiante nesta loita”, concluíu.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha